viernes, 22 de mayo de 2009




Bos días mistiños!


Outro día máis a caixiña en camiño, a ruta para hoxe é Vilagarcía de Arousa, esta encantadora vila das rías baixas!

Coincidindo coa celebración do día de Santa Rita e as numerosas actividades celebradas nesa data, a Caixiña dos mistos aparcou no parque Miguel Hernández e fixo as delicias de pais e fillos durante unha tarde ben animada.


Ademáis a TVG visitounos para facernos unhas pequenas entrevistas, e algúns dos rapaces que se acercaron, puideron ter o seu momento televisivo.


Así como a TVG nós tamén propuxemos a iniciativa "A túa foto de cine" tal e como o exemplo que podedes visualizar nesta publicación.


Un saudo e ata pronto mistiños!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario