martes, 14 de septiembre de 2010

Setembro de cine ’10 en A Coruña




O pasado sábado, A Caixiña dos Mistos chegou á cidade de A Coruña, e desta vez, para quedarse, xa que cada fin de semana de setembro, os nenos da urbe contarán coa presencia da caravana máxica. Xa moi cedo, abriu as súas portas no Parque da Oza para todos aqueles nenos amantes do cine e da diversión. Xunto á Caixiña dos Mistos tamén estivo o Obradoiro de stop-motion en plastilina, ó que acudiron quince nenos. Todos estes tiveron a oportunidade de realizar a súa propia peliculiña, creando os personaxes e recreando o ambiente; unha curta que viron a primeira hora da tarde na Caixiña. Xa que o Obradoiro se realizou na biblioteca de Castrillón, o pequeno cine situouse na praza Pablo Iglesias durante as horas da tarde para levar cine e moitas risas ós cativos desta zona de A Coruña.


E para retratar cada un dos momentos máxicos que se viviron nestes lugares, a fotógrafa coruñesa Xiana de la Peña estivo coa Caixiña dos Mistos. Os nenos, cheos non só de enerxía, senón de ganas de deixar voar a súa creatividade, inundaron as alfombriñas de cores e contemplaron filmes como Pigeon Impossible, O soldadiño de chumbo ou On line.


Non obstante, a ruta deste pequeno cinema continúa, e o domingo desprazouse ata o lugar de Ouzande (A Estrada), onde os nenos xa sabían dende hai un par de semanas que a caravana visitaría as súas terras e estaban ansiosos por cruzar as súas portas. Moita diversión e un agradecemento especial a Xabier de Camba pola súa amabilidade e hospitalidade.

PRÓXIMAS DATAS DE A CAIXIÑA DOS MISTOS:

  • Xoves 16 de setembro: Calo (Teo). De 17 a 20.30 horas.
  • Sábado 18 de setembro: A Coruña (Setembro de Cine ’10).
    • De 12 a 14 horas nos xardíns Méndez Núñez.
    • De 17 a 21 horas no Campo de Marte.
  • Sábado 25 de setembro: A Coruña (Setembro de Cine ’10)
    • De 12 a 14 horas na Praza das Conchiñas
    • De 17 a 21 horas na Praza Elíptica (Os Rosales).

miércoles, 8 de septiembre de 2010

A Caixiña dos Mistos rompe fronteiras



A caravana máxica vai máis alá de Galicia e cólase nos informativos do domingo de Antena 3 para darse a coñecer en toda España. As súas portas abrínronse o pasado sábado en A Coruña onde decenas de nenos ansiosos por ver peliculiñas coma O soldadiño de chumbo chegaron ós xardíns Méndez Núñez. Unha tarde na que o calor non foi o problema e na que os máis tímidos sacaron valor para falar diante da cámara e contar as historias que viron dentro da caravaniña.


Ademais da oportunidade de ver estas curtas, os cativos puideron participar nun obradoiro de plastilina no que fixeron unha peliculiña usando a técnica do stop-motion; unha iniciativa coordinada por Veru Rodríguez, que ensinou ós pequenos como pintar o escenario, moldear os personaxes e logo levar a cabo a rodaxe da súa propia película.


miércoles, 25 de agosto de 2010

O verán da Caixiña

Aínda que non o pareza, A Caixiña dos Mistos segue a súa andaina polos distintos concellos de Galicia, dende Caldas de Reis ata Ferrol, Ribadeo, pasando por A Pobra, Sanxenxo ou Vilanova de Arousa. Un mes no que levou as súas máxicas peliculiñas por todos estes lares; un mes cheo de ledicia, moita calor, pero sobre todo, moitos de vós, nenos ben guapos, dispostos a gozar das curtas traídas de todo o mundo que proxecta esta caravana. Un mes no que nenos e nenas demostrastes a vosa paixón polo cinema da forma máis didáctica posible. Pais, nais e mesmo irmáns subiron cos cativos á Caixiña dos Mistos para visionar divertidos e multipremiados filmes como La lupe i en Bruno, Pigeon Impossible, Iker Pelos Tiesos ou O Soldadiño de Chumbo. Peliculiñas coas que riron, choraron e cantaron.

A primeira parada que fixo A Caixiña dos Mistos en xullo foi en Caldas de Reis, e todo hai que dicilo, os nenos que acudiron á caravana portáronse de marabilla. A Caixiña deixou a vila das termas para dirixirse a Santiago de Compostela; e é que as festas do Apóstolo mereceron a visita do cine máis pequeno do mundo. Así, Ribadeo foi o seguinte sitio onde se situou a caravana infantil, e alí se mantivo durante tres días, repartido felicidade entre os pequenos da Mariña lucense, no marco de OFestivalON. Nenos cos que pasamos un bo rato e dos que seguro nos costará esquecernos.

E agosto, o mes das vacacións, da praia, o sol e a jarana, levou á Caixiña a Sanxenxo, onde os pequenos abandonaron a praia para vir con nós a ver peliculiñas. Non obstante, os cativos de Vilanova de Arousa, que xa nos agardaban antes de chegar, tampouco quedaron atrás. Unha tarde de sol que non evitou que a caravana abrira as súas portas toda a tarde. Por outra banda, Ferrol contou con máis sorte, e acolleu a caravaniña máxica durante dous días no Porto, dentro do Spinnaker. E ben que se portaron todos os nenos que pasaron por alí, aguantando coa abafante calor e refuxiándose na Caixiña vendo pelis como Malacara y el misterio del bastón de roble.

E ata A Pobra tamén chegou a maxia, facendo que todos os mistiños e mistiñas gozasen dunha divertida tarde o pasado 13 de agosto. E todo hai que dicilo, ¡que ben o pasamos con vós, mistiños!. Xa o sábado, a caravaniña voltou cara Vilagarcía, onde xunto ó trailer de Gadis, recibimos a visita de nenos e nenas que nos fixeron o día máis que divertido.

Pero isto non foi todo, porque os nenos de Ribadeo teñen moi, pero que moi boa sorte, xa que recibiron a visita da Caixiña en Remourelle, case un mes despois de OFestivalON.

E cómpre darlles as gracias a todos os mistiños que viñeron á Caixiña dos Mistos, para empaparse de ledicia, maxia e cinema; que xogaron con nós e máis pintaron a nosa caravaniña; que viron as pelis e que as votaron. Gracias nenos e nenas por facernos sorrir sempre!

viernes, 25 de junio de 2010

FESTAS DE OURENSE 2010

Facemos un parón na RUTA XACOBEA para estar, como non podía ser doutra maneira... NAS FESTAS DE OURENSE 2010! De luns a venres, toda a semana de troula pola Cidade de Ouro. Moita calor pasamos! Iso si, vendo cantidade de películas curtas para combater tanto sol. Case mil nenos entraron á fresquiña caravana para ver cine en curta traído de todas partes do mundo.



Na foto non se aprecia a abafante calor que facía. Como antídoto: o filme El Viaje de Saíd, unha curta preciosa que, baseada no relato do mesmo nome, plantexa a través da música, a problemática da inmigración. Todos os nenos saían da caravana cantando 'otra oportunidaaaad, otra oportunidaaaaad', o estribillo quedón da canción de El Combolinga. E entre película e película... a fonte do parque! Moitos nenos e algúns non tan nenos tiveron que recurrir a bañarse baixo a cascada da fonte do Parque da BARBAÑA. E mentres algúns se bañaban... outros facían peliculiñas de animación! Un partido de fútbol, un monstro nun lago, as fogueiras de San Xoán ou unha carreira tola foron algunhas das temáticas escollidas polos pequenos para profundizar na técnica do stop-motion, facendo peliculiñas curtas traballando fotograma a fotograma.



E para ver todas as fotos das Festas de Ourense: http://www.facebook.com/pages/Mr-Misto-Films/342509290483?v=photos&ref=ts#!/album.php?aid=453189&id=342509290483&ref=mf

Agora toca reiniciar a Ruta Xacobea, aínda queda moito Camiño por facer. Non esquezades que temos aínda catro citas pendente: En Mondoñedo o 25 de xuño, en Vilalba o 26, en Verín o 28 e en Allaríz o 29!!

Alí nos vemos, cativos do mundo!

domingo, 20 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Novena parada: CAMARIÑAS.

Hoxe, domingo en familia en Camariñas. Dá gusto saír de viaxe e, ó mesmo tempo, sentir que estás coma na casa. Un grupo de mozos con moitas ganas de ver e facer peliculiñas acompañounos durante todo o día. Boa xente a de Cabo Vilán, si señor...



O FILME de animación FEITO POLOS PEQUENOS NO CAMIÑO conta hoxe unha historia dun encontro moi especial entre unha palilleira de Camariñas e o noso pelegrín, protagonista desta peli. Algo sucede entre eles... Prometémosvos que non é unha historia convencional, xa a veredes, xa a veredes.



Desta vez, por falta de tempo, o equipo-MISTO non puidemos subir ata o Faro, así que... De seguro VOLTAREMOS, nenos e nenas de Camariñas!
E para descargar máis fotos desta xornada... Visitade a nosa páxina de facebook! http://www.facebook.com/photos.php?id=342509290483#!/album.php?aid=449744&id=342509290483

Mañá LUNS viaxamos a OURENSE, para facer unha PARÉNTESE nesta RUTA XACOBEA tan emocionante e intensa. Vémonos o luns e o martes pola tarde, e o mércores e o xoves todo o día (obradoiro incluído!). Vaia festas que vades ter. Unhas festas... DE CINE! Ata pronto, peque-cinéfilos. E se Ourense non vos queda a man, atopámonos no Camiño! O venres 25, en Mondoñedo, e o sábado 26, en Vilalba. APERTAS e ata pronto, peque-cinéfilos.

sábado, 19 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Oitava parada: MUXÍA.

Tarde de sábado na praza Cabo de Vila do pobo de MUXÍA. E pola mañán os maiores estiveron xoghetando ca plastilina na Aula da Natureza para participar no... OITAVO CAPÍTULO (e MOI INTRIGANTE) do FILME DE ANIMACIÓN para o XACOBEO 2010!



O EQUIPO MISTO estamos reunidos hoxe en Vimianzo, parando para descansar un cachiño antes de retomar este ROTEIRO tan PARTICULAR mañá en Camariñas. E estamos comentando xusto agora, cun sorriso grandísimo, que... OS NENOS DE MUXÍA SON BEN BEN CURRIÑOS! Simpáticos, graciosos, agradables, listos listos... Excepto Antón :P, que me chamou FEA! - Bueno teño que dicir que logo rectificou e dixo: Vale, oh, ghuapa pero pesada... Todo isto para que lle deramos o pano do Xacobeo, a pulsera reflectante e o lapis ca goma! Ai que ver, que trastos estes pequenos... pero que tarde tan divertida pasamos! Nadia e Abel ensináronnos a todo o grupo unha estupenda canción que nos serviu como introdución da curta ON LINE (http://caixadosmistos.com/catalogo.html). Navegando en internet, navegando por la red, navegando yooooo... te encontré! Case case aprendimos a coreo enteiriña, amoso o vídeo como proba do difícil que foi a experiencia. E cun xurado de luxo! Os cativos, que son do mááááááis sincero! DENTRO VÍDEO: http://www.youtube.com/watch?v=bBfTJRLACEg



Por outra banda, hoxe estamos de loito... Porque faleceu Saramago, o Premio Nobel de Literatura portugués, do que o ano pasado tiñamos unha preciosa curta que chiflaba a todos os nenos ós que a poñiamos. HOXE, PARA HONRALO, fixemos un PASE ESPECIAL da curta A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO, que, como xa sabiamos, ENCANTOU A PEQUENOS E PAPÁS.

Nesta ocasión, a peli do obradoiro trata sobre a chegada por mar do Pelegrín e os seus amigos a Muxía, e as difíciles relacións cuns gatos salvaxes. Canta creatividade en corpos pequenos!


Consultade as fotos no FACEBOOK MISTO: http://www.facebook.com/pages/Mr-Misto-Films/342509290483?v=photos#!/album.php?aid=449079&id=342509290483&ref=pb

VÉMONOS MAÑÁ EN CAMARIÑAS, teredes sesión de mañá e tarde na Praza do Concello e na Casa de Pedra. OBRADOIRO E CAIXIÑA, NENOS E NENAS! Apertas peliculeiras do EQUIPO-MISTO :D

viernes, 18 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Sétima parada: FISTERRA.

Hoxe comezamos a fin de semana XACOBEA na FIN DO MUNDO. O pobo de FISTERRA e o seu sorprendente FARO acolleunos toda a tarde no peirao, e alí estivemos ata o anoitecer, do que puidemos gozar na punta máis alta do cabo. Cantos nenos trouleiros participaron na peliculiña de animación stop motion e outros tantos centos que subiron á nosa caravana! Tarde de calor e de cine ó aire libre. E todo isto acompañados de... PEDRO, o novo tripulante desta nave sobre rodas: A Caixiña dos Mistos.


Houbo un montón de nenos que facían cada un por CATRO. Que lles dan de comer ós nenos da fin do mundo? Pasárono (pasámolo, en realidade) CHACHI!, como dice sempre a nosa MISTO-MONITORA ALBA NORTE! Os maiores fixeron o sétimo capítulo do filme de animación, que pouco a pouco está a coller forma e mesmo asemellarse a unha auténtica obra de arte.


Foi unha xornada un tanto aventada, aínda que ese é o encanto dos sitios de mar, NON?
POIS ISO, que lembraremos DE SEGURO esta xornada no PEIRAO de Fisterra. VOLTAREMOS, MOZOS e MOZAS!


E para descargar TODAS AS FOTOS DA XORNADA, acudide ó noso FACEBOOK MISTO: http://www.facebook.com/pages/Mr-Misto-Films/342509290483?v=photos#!/album.php?aid=449060&id=342509290483&ref=pb

Vémonos mañán en terras de MUXÍA, de 10:00 a 14:00 os que esteades apuntados para o Obradorio, na Aula de Natureza, e mañán e tarde os que queirades gozar da nosa Caixiña dos Mistos :D