domingo, 20 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Novena parada: CAMARIÑAS.

Hoxe, domingo en familia en Camariñas. Dá gusto saír de viaxe e, ó mesmo tempo, sentir que estás coma na casa. Un grupo de mozos con moitas ganas de ver e facer peliculiñas acompañounos durante todo o día. Boa xente a de Cabo Vilán, si señor...



O FILME de animación FEITO POLOS PEQUENOS NO CAMIÑO conta hoxe unha historia dun encontro moi especial entre unha palilleira de Camariñas e o noso pelegrín, protagonista desta peli. Algo sucede entre eles... Prometémosvos que non é unha historia convencional, xa a veredes, xa a veredes.



Desta vez, por falta de tempo, o equipo-MISTO non puidemos subir ata o Faro, así que... De seguro VOLTAREMOS, nenos e nenas de Camariñas!
E para descargar máis fotos desta xornada... Visitade a nosa páxina de facebook! http://www.facebook.com/photos.php?id=342509290483#!/album.php?aid=449744&id=342509290483

Mañá LUNS viaxamos a OURENSE, para facer unha PARÉNTESE nesta RUTA XACOBEA tan emocionante e intensa. Vémonos o luns e o martes pola tarde, e o mércores e o xoves todo o día (obradoiro incluído!). Vaia festas que vades ter. Unhas festas... DE CINE! Ata pronto, peque-cinéfilos. E se Ourense non vos queda a man, atopámonos no Camiño! O venres 25, en Mondoñedo, e o sábado 26, en Vilalba. APERTAS e ata pronto, peque-cinéfilos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario