jueves, 9 de abril de 2009

Arrancamos co Equiocio 2009



Bos días Mistiños,

Empezamos esta espectacular viaxe da Caixiña cunha parada pola encantadora cidade de Ferrol que nos acolleu cos brazos abertos.

Esta Semana Santa, celébrase en Ferrol o salón do cabalo Equiocio2009, que mellor sitio para arrancar a nosa viaxe? Ademáis tendo unha madriña espectacular como temos, nada máis nin nada menos que María Bouzas, sen dúbida unha madriña de cine, a presi do Audiovisual Galego


A experiencia foi xenial, moitos rapaces grandes e pequenos, incluso maiores se arrimaron a dar un paseo polos soños nesta viaxe que supón subir na caixiña, máis de 100 persoas puideron disfrutar das moitas aventuras que lles ofrecemos en apenas un par de horiñas.


Esperamos recibir moitas máis visitas nos días restantes que estaremos en Ferrol.


Vémonos no Equiocio mistiños!

No hay comentarios:

Publicar un comentario