Un día máis xa estamos aquí con vós,
Quedan menos días de Equiocio, e por conseguinte menos días que estaremos en Ferrol, unha verdadeira lástima xa que o ambiente deste ano é increíble!, que dicir se non do concurso de mascotas que se organizou onte no Equiocio e que se celebrou con nós, na Caixiña dos mistos, que non se diga que non temos público do máis variado!
Arriba tendes unha foto do xurado encargado de entregar eses fantásticos premios así coma do presentador, o noso compañeiro Xoan Mariño que se encargou de darlle un toque especial a este concurso encantador de simpáticas mascotas.
Con máis impaciencia esperamos ver con que nos sorprenderá hoxe o Equiocio, mañan máis novidades.
Ata outra mistiños!
No hay comentarios:
Publicar un comentario