lunes, 31 de agosto de 2009

Do 22 ao 29


Siii!! Como agardabamos, voltamos a Lugo onde nos atopamos aos nenos cos brazos abertos para recibir unha vez á Caixiña, e con moitas ganas de ver pelis. O mércores 26 estivemos en Láncara e Becerrá, o xoves en Friol e o venres en Carballo. A pesares de algún pequeno problema técnico que sufrimos, a Caixiña segue ao 100% para ofrecervos as mellores peliculiñas. Entre as que máis gustan atópanse a historia dun neno que queda atrapado no seu propio balcón e que finalmente vese liberado dunha forma inesperada. Atrapados quedan os nenos tamén nas maravillosas historias que se poden vivir na caravana, onde os contos cobran vida propia, e senón que lle pregunten aos nenos de Friol que aparecen na nosa fotografía!! Voltaremos prontiño con novas sobre a Caixiña, mentres tanto seguide atentos a estrada, porque en calquera momento apareceremos pola túa vila!

No hay comentarios:

Publicar un comentario