Continuando coa viaxe, a nosa primeira parada foi Cambados, onde temos unha boa canteira de aficionados á Caixiña, con case 250 nenos. Tras esta visita voltamos unha vez máis a Lugo, onde recorremos as localidades de Monforte, Guntín, Palas de Rei, Abadín e Cospeito. Os nosos nenos quedaron encantados coas pelis. Unha das que máis éxito está tendo é "A flor máis grande do mundo". Esta historia trata dun neno que coa súa bondade fai revivir unha flor que se converte nunha imaxe da grandiosidade da natureza. Poidemos disfrutar das maravillosas paixases lucenses que xa botabamos en falta. Esas lomas verdes e esas vaquiñas que saúdan cun golpe de rabo á Caixiña cando pasamos. Tamén tivemos a oportunidade de probar gastronomía típica da zona, a cal recomendamos a tódolos visitantes. E para pechar esta semana do mes de agosto aterrizamos de novo en Vilagarcía de Arousa, pechando así as festas de San Roque. Pero esta vez non estivemos nós sós. Acompañáronnos moitos amigiños que fixeron unha peliculiña de plastilina no parque Miguel Hernández. Esperamos voltar á Vilagarcía o máis pronto posible, mentres tanto a Caixiña continuará coa súa imparable viaxe por Galicia. Saúdos!
Nenos vilagarciáns coparon a Caixiña dos Mistos durante toda a mañán do sábado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario