lunes, 31 de agosto de 2009

Estamos de volta!


Hola pequenos!!

Xa estamos de volta coas novas da caixiña. Dende que non falamos pasaron xa moitas cousiñas. Este mes de Agosto estivemos recorrendo toda a xeografía galega. E moitos nenos puideron disfrutar do cine da caixiña. O fin de semana do 8 ó 9 estivemos en Ferrol, con motivo da celebración do " Spinnaker 2009". Estivemos rodeados de actividades, regatas, competicións, exposicións, concursos e como non o trailer de " Vivamos coma galegos" que nos acompañara tamén en Coruña. A seguinte semana volvemos a Lugo. Estivemos recorrendo as localides de "O Saviñao", "Paradela" e "O Páramo", onde os nosos mistiños puideron descansar do intenso calor disfrutando das nosas pelis. O sábados, voltamos á nosa terra natal e estivemos na Alameda de Vilagarcía de Arousa, tantos os nenos vilagarciáns como os turistas que se achegaban ás nosas costas co motivo da festa de " San Roque" quedaron prendados da maxia da caixiña e desexaban ir dentro dela viaxando por Galicia coma nós. Peeero, non pode ser queridos cativos, porque a os nenos non van coa caixiña, senón que a caixiña vai ós nenos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario