sábado, 12 de septiembre de 2009

A Coruña. Praza Elíptica.


Hoxe estivemos nos Rosales. Todos os sábados de setembro aparcamos nunha praciña distinta de A Coruña. E cada fin de semana achéganse máis nenos! A pesar da calor... vimos moito cine. E de cine foi a despedida!

Pero non esteades tristes, nenos, que o próximo sábado 19 volvémonos a ver, con novas curtas moi animadas. Pola mañá estaremos de 11:30 a 14:00 no Campo da Leña, e pola tarde de 16:30 a 20:00 no Campo de Marte.

Gracias ao mago CAXO por acompañarnos neste día. Caxo sabe facer aparecer ollos a elefantiños cegos, e voar paxariños con alas de papel. Poderedes coñecelo se vos achegades o próximo sabado a onda nós. Oportunidade única de que vos ensine os seus segredos máis alucinantes...

Xa son máis de 7.000 os nenos que subiron ao cine máis pequeno do mundo. Ti aínda non subiches? Pois apura a ver as películas máis curtas e divertidas. Que non cho conten!

No hay comentarios:

Publicar un comentario