Hoxe deu comezo O CAMIÑO. Si, o que oídes... A CAIXIÑA DOS MISTOS volve estar en ruta. E non nunha ruta calquera, senón... NA RUTA XACOBEA! Primeira parada: SAMOS. Que mellor punto de partida para estrear este roteiro 2010, cheo de aventuras xa dende o KM 0.
CAIXIÑA DOS MISTOS + PELICULIÑA STOP MOTION = DIVERSIÓN ASEGURADA
Os nenos do CEIP de Samos foron os primeiros en subir á nosa caravana de cine tan particular. Algúns deles nunca foran ó cine antes, e hoxe non só visitaron o cine máis pequeno do mundo, senón que foron directores da primeira parte dunha mini-pelculiña de animación que iremos construíndo, pouco a pouco, con todos os nenos que topemos neste pequeno camiño, que non é pequeno en tamaño... pero que non tería lugar sen a compaña dos máis pequenos camiñantes. Que pequenos e que grandes... as ganas que tiñan hoxe os rapaces de Samos de VER E FACER CINE. A pesar da choiva, que se fixo notar -e moito-, a xornada de hoxe foi unha xornada de película. Gracias a todos os cativos que hoxe arrancaron, co EQUIPO DE MISTOS, este roteiro tan ANIMADO.
Atentos a esta foto que resume o espírito desta ruta que hoxe estreamos!
Moito cine... en calquera lado! Porque Haxa vacas, monte ou camiños de cabras... Mr Misto chega ó lugar, Ó TEU LUGAR.
Esta ruta promete, rapaces! E isto é só o comezo. Este venres día 11 de xuño continuaremos a nosa viaxe e faremos a segunda parada. Destino: o CEIP de PORTOMARÍN. E se andades facendo o camiño, visitádenos tamén o sábado 12 en SARRIA, na casa da cultura.
Non só veredes nesta caravana de cores as mellores pelis curtas de todo o mundo. Ademais, participaredes na gravación dun filme de animación moi orixinal cuxa rodaxe comeza e remata con esta viaxe! Hoxe os rapaces de Samos deseñaron ó personaxe protagonista, un pelegrín aventureiro de máis...
VÉMONOS NA RUTA XACOBEA, MISTIÑOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario