viernes, 11 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Segunda parada: PORTOMARÍN.

Facer o Camiño de Santiago nunha Caixiña de Mistos ten o seu aquel. A segunda parada deste roteiro xacobeo foi hoxe o CEIP Virxe da Luz, PORTOMARÍN. Desta caravana peliculeira gozaron máis de sesenta nenos entre catro e doce anos. Vaia mañá máis animada! Nin a choiva tola puido parar as peliculiñas desta cabuxa máxica.


E mentres no pavillón do cole tódolos cursos ían pasando pola Caixiña de Mistos, os rapaces de 3º e 4º facían a súa peliculiña stop-motion baixo as directrices de Veru Rodríquez e Alba Mato, os profes que supervisaron durante catro horas o traballo creativo e espontáneo destes cativos.



Como resultado deste obradoiro-express, esta ruta xacobea conta xa co segundo capítulo do filme de animación que estará rematado ó fin da viaxe, construído polas distintas pezas de animación elaboradas por todos os nenos que atopamos neste camiño en caravana. O protagonista foi deseñado onte polos nenos do CEIP de Samos. Trátase dun pelegrín aventureiro que comeza o camiño acompañado do seu can. Neste segundo capítulo o pelegrín chega a Portomarín. Cheíño de fame, ó ver o encoro, tenta pescar algún peixe co pau do camiñante. Cando por fin o consegue, Can fainos desaparecer moi rápido! Que lles deparará ós nosos protagonistas mañán en Sarria? Non volo perdades!

Próxima parada: SÁBADO 12 de XUÑO, na CASA DA CULTURA DE SARRIA.
E o DOMINGO 13, na PRAZA DO CONCELLO de PALAS DE REI.

Camiñantes, non hai camiño sen Caixa de Mistos. ATOPÁMOSVOS NOS CAMIÑO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario