Hoxe máis de 200 pequenos subiron á nosa Caixiña de Mistos. O CEIP de Arzúa acolleunos cos brazos mooooi abertos e profes e pequenos pasámolo bomba vendo moreas de curtas e marcando sen parar a casilla de moitísimo nas papeletas de votación!!
Unha mañán moi linda na que a peli favorita foi O soldadiño de Chumbo. Un neno preguntounos ó baixar da cabuxa: Agora a bailarina e o soldadiño viven xuntos, no país do corazón, non? E tiña cara de peniña... PERO NON SÓ VIMOS PELIS! Tamén pintamos moitas Caixiñas de cores sobre papel! Elexir o deseño da Cabuxa 2.0 non vai ser doado, pois os nenos deste cole esforzáronse arreo en desdebuxar as cores da nosa caravana e inventar outras novas!
E os maiores andaron coa plasti a voltas... guionizando a quinta parte da que será unha SUPER-CURTA de animación baseada na técnica stop-motion, que hoxe aprenderon con moita curiosidade case corenta cativos ávidos de ANIMAR... Ó fin da xornada de catro horas, eran case EXPERTOS!
MAÑÁN VÉMONOS en MELIDE. Estaremos en tres coles distintos facendo unha ruta-express para que ningún neno da vila quede sen pelis. E pola tarde, no MULTIUSOS... OBRADOIRO STOP-MOTION! Non o perdades, que Pelegrín e Can, co desastre que son, sen a vosa axuda non sabemos se darán chegado a Santiago...
E non podo pechar esta publicación sen agradecer a hospitalidade da xente de Melide! Hoxe equipo-MISTO da cabuxa tola, tras deixala resgardada nun sitio pechado e sequiño para que durmise ben ata mañán, non topaba sitio onde ir comer algo. Cando preguntamos a dúas rapazas e dúas nenas que ían en coche a casa a comer por un lugar estupendo onde picar algo... Leváronnos ós catro nun clío, e eramos oito en total! :D
PARA VER TODAS AS FOTOS DE HOXE --> http://www.facebook.com/pages/Mr-Misto-Films/342509290483#!/album.php?aid=446531&id=342509290483
Cantas aventuras neste camiño... APERTAS PELICULEIRAS!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Vaia pinta de "madrasa" que tes na foto Albiña! ;)
ResponderEliminarJaja... que linda eres.
ResponderEliminar