domingo, 13 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Cuarta parada: PALAS DE REI.

Domingo de cine... en ruta xacobea e dentro dunha caravana. O cine máis pequeno do mundo continúa de viaxe. Non descansamos nin a fin de semana. As nosas peliculiñas madrugaron tanto que estiveron sozinhas ata ben entrada a tarde, cando por fin moreas de cativos se achegaron. A caravana púxose en ACCIÓN TOTAL.



Malacara e o misterio do bastón de roble segue a espertar emocións intensas entre os peque-espectadores. Hoxe o fin de festa en Palas foi a inmersión no mundo das sombras. Comezaba a anoitecer, e por petición popular, Nico e Lena adentráronse na tumba do temible profesor. Dani e David, que ó principio non querían saber nada de pelis nin de cine nin de roteiros en caravana... atrevéronse tamén coa peli e foron os máis valentes! Aquí abaixo vémolos mentres intentábamos convecelos. Dubidaron un intre... e logo, a gozar con Yaya la Medium!



Van feitos xa catro capítulos do filme de animación que protagonizan Pelegrín e Can, dous intrépidos camiñantes que topan con miles de tropezos na súa viaxe ata Santiago. Nesta ocasión, agotados da camiñata ó longo da Mariña Luguesa, deciden parar a descansar preto dunha árbore moi especial.



Esta fin de semana foi diferente para o equipo MISTO. Gracias a tódolos nenos e nenas que estades facendo desta RUTA unha experiencia inesquecible. Os misto-monitores estámolo pasando en grande! Mañá comezamos a semana en ARZÚA, comendo moito queixo na escola. E o martes... TRIPLE SESIÓN EN MELIDE!

ESPERÁMOSVOS, PELICULEIROS...
E non esquezades ver todas as fotos no facebook de Mr Misto! http://www.facebook.com/photos.php?id=342509290483#!/album.php?aid=445890&id=342509290483&ref=pb

No hay comentarios:

Publicar un comentario