sábado, 12 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Terceira parada: SARRIA.

A caravana máis peliculeira do mundo continúa en ruta! O CAMIÑO DOS PEQUENOS está a ser todo un éxito. Hoxe, na terceira parada desta viaxe cara Santiago, os nenos de SARRIA víronse a carteleira completa deste cine itinerante tan peculiar. Grandes e pequenos gozaron das nosas peliculiñas curtas, no recinto exterior da Casa da Cultura. Parece que o tempo pon mellor cara e xa non chove sen parar… Por fin tregua meteorolóxica!


Esta tarde os papás non puideron evitar subir á nosa caixiña máxica. Puxémoslle O Soldadiño de Chumbo e quedaron marabillados… Aínda que entre os máis novos a favorita segue sendo Malacara e o misterio do bastón de roble. Nico e as súas ensoñacións co mundo das sombras é o personaxe de debuxos favorito destes pequechos que rin todo o tempo ó subir a esta cabuxa tola.


E como non, o terceiro capítulo da serie de animación que estamos a facer, ten moito moito gancho! Pelegrín e Can seguen a facer das súas. Nesta ocasión, os nenos de Sarria guionizaron un sketch de humor no que os nosos protas fan autostop no medio deste Camiño de aventuras..

Por certo! Non vos perdades a REPORTAXE FOTOGRÁFICA desta RUTA XACOBEA en CAIXA DE MISTOS, entrade na nosa PÁXINA DE FACEBOOK: http://www.facebook.com/photos.php?id=342509290483

VÉMONOS MAÑÁN EN PALAS DE REI, na Praza do Concello, pola mañán e pola tarde! Aí estaremos poñendo moitas peliculiñas e facendo a cuarta parte desta obra conxunta que pinta espectacular.


No hay comentarios:

Publicar un comentario