miércoles, 8 de septiembre de 2010

A Caixiña dos Mistos rompe fronteiras



A caravana máxica vai máis alá de Galicia e cólase nos informativos do domingo de Antena 3 para darse a coñecer en toda España. As súas portas abrínronse o pasado sábado en A Coruña onde decenas de nenos ansiosos por ver peliculiñas coma O soldadiño de chumbo chegaron ós xardíns Méndez Núñez. Unha tarde na que o calor non foi o problema e na que os máis tímidos sacaron valor para falar diante da cámara e contar as historias que viron dentro da caravaniña.


Ademais da oportunidade de ver estas curtas, os cativos puideron participar nun obradoiro de plastilina no que fixeron unha peliculiña usando a técnica do stop-motion; unha iniciativa coordinada por Veru Rodríguez, que ensinou ós pequenos como pintar o escenario, moldear os personaxes e logo levar a cabo a rodaxe da súa propia película.


No hay comentarios:

Publicar un comentario