viernes, 18 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Sexta parada: MELIDE.

Tras dous días de MISTO-VACACIÓNS retomamos hoxe este caderno de viaxe. Estamos a piques de saír para Fisterra, pois temos cita no muelle ás 17:30 da tarde! Pero antes de reiniciar esta RUTA XACOBEA en Caixa de Mistos, déixovos nesta entrada unha pequeña testemuña da experiencia do martes pasado. O EQUIPO-MISTO chegou tan canso que non puido nin escribir estas liñas! E é que pola mañán, en menos de cinco horas, estivemos poñendo peliculiñas en tres coles de Melide! Ademais de ter a un cámara de MassVisual gravando unha reportaxe para Sobre Rodas, o programa de V Televisión. Fiuuuuu! Sudamos tinta china!


Nesta RUTA XACOBEA xa pasaron pola nosa Caixa de Mistos ambulante máis de 800 nenos! E esta fin de semana, co bo tempo, pasarán moitos máis, seguro! Chegade cedo á nosa cita en FISTERRA hoxe ás 17:30 no muelle. Virá moita xente a ver curtas e tamén a facer a súa propia peliculiña de animación! As prazas para o obradoiro stop motion son limitadas! Así que vide cedo, non perdades a oportunidade de participar neste FILME DO CAMIÑO. Xa van seis paradas... e seis capituliños desta historia que só terá sentido unha vez rematada a nosa viaxe.




O tempo pasa moi rápido nesta ruta. Non esperedes a estar connosco! Vide á COSTA DA MORTE a facer a vosa peliculiña e... a ver outras tantas á CAIXIÑA DOS MISTOS!

Apertas, nenos e nenas!

lunes, 14 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Quinta parada: ARZÚA.

Hoxe máis de 200 pequenos subiron á nosa Caixiña de Mistos. O CEIP de Arzúa acolleunos cos brazos mooooi abertos e profes e pequenos pasámolo bomba vendo moreas de curtas e marcando sen parar a casilla de moitísimo nas papeletas de votación!!



Unha mañán moi linda na que a peli favorita foi O soldadiño de Chumbo. Un neno preguntounos ó baixar da cabuxa: Agora a bailarina e o soldadiño viven xuntos, no país do corazón, non? E tiña cara de peniña... PERO NON SÓ VIMOS PELIS! Tamén pintamos moitas Caixiñas de cores sobre papel! Elexir o deseño da Cabuxa 2.0 non vai ser doado, pois os nenos deste cole esforzáronse arreo en desdebuxar as cores da nosa caravana e inventar outras novas!



E os maiores andaron coa plasti a voltas... guionizando a quinta parte da que será unha SUPER-CURTA de animación baseada na técnica stop-motion, que hoxe aprenderon con moita curiosidade case corenta cativos ávidos de ANIMAR... Ó fin da xornada de catro horas, eran case EXPERTOS!



MAÑÁN VÉMONOS en MELIDE. Estaremos en tres coles distintos facendo unha ruta-express para que ningún neno da vila quede sen pelis. E pola tarde, no MULTIUSOS... OBRADOIRO STOP-MOTION! Non o perdades, que Pelegrín e Can, co desastre que son, sen a vosa axuda non sabemos se darán chegado a Santiago...

E non podo pechar esta publicación sen agradecer a hospitalidade da xente de Melide! Hoxe equipo-MISTO da cabuxa tola, tras deixala resgardada nun sitio pechado e sequiño para que durmise ben ata mañán, non topaba sitio onde ir comer algo. Cando preguntamos a dúas rapazas e dúas nenas que ían en coche a casa a comer por un lugar estupendo onde picar algo... Leváronnos ós catro nun clío, e eramos oito en total! :D

PARA VER TODAS AS FOTOS DE HOXE --> http://www.facebook.com/pages/Mr-Misto-Films/342509290483#!/album.php?aid=446531&id=342509290483

Cantas aventuras neste camiño... APERTAS PELICULEIRAS!

domingo, 13 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Cuarta parada: PALAS DE REI.

Domingo de cine... en ruta xacobea e dentro dunha caravana. O cine máis pequeno do mundo continúa de viaxe. Non descansamos nin a fin de semana. As nosas peliculiñas madrugaron tanto que estiveron sozinhas ata ben entrada a tarde, cando por fin moreas de cativos se achegaron. A caravana púxose en ACCIÓN TOTAL.



Malacara e o misterio do bastón de roble segue a espertar emocións intensas entre os peque-espectadores. Hoxe o fin de festa en Palas foi a inmersión no mundo das sombras. Comezaba a anoitecer, e por petición popular, Nico e Lena adentráronse na tumba do temible profesor. Dani e David, que ó principio non querían saber nada de pelis nin de cine nin de roteiros en caravana... atrevéronse tamén coa peli e foron os máis valentes! Aquí abaixo vémolos mentres intentábamos convecelos. Dubidaron un intre... e logo, a gozar con Yaya la Medium!



Van feitos xa catro capítulos do filme de animación que protagonizan Pelegrín e Can, dous intrépidos camiñantes que topan con miles de tropezos na súa viaxe ata Santiago. Nesta ocasión, agotados da camiñata ó longo da Mariña Luguesa, deciden parar a descansar preto dunha árbore moi especial.



Esta fin de semana foi diferente para o equipo MISTO. Gracias a tódolos nenos e nenas que estades facendo desta RUTA unha experiencia inesquecible. Os misto-monitores estámolo pasando en grande! Mañá comezamos a semana en ARZÚA, comendo moito queixo na escola. E o martes... TRIPLE SESIÓN EN MELIDE!

ESPERÁMOSVOS, PELICULEIROS...
E non esquezades ver todas as fotos no facebook de Mr Misto! http://www.facebook.com/photos.php?id=342509290483#!/album.php?aid=445890&id=342509290483&ref=pb

sábado, 12 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Terceira parada: SARRIA.

A caravana máis peliculeira do mundo continúa en ruta! O CAMIÑO DOS PEQUENOS está a ser todo un éxito. Hoxe, na terceira parada desta viaxe cara Santiago, os nenos de SARRIA víronse a carteleira completa deste cine itinerante tan peculiar. Grandes e pequenos gozaron das nosas peliculiñas curtas, no recinto exterior da Casa da Cultura. Parece que o tempo pon mellor cara e xa non chove sen parar… Por fin tregua meteorolóxica!


Esta tarde os papás non puideron evitar subir á nosa caixiña máxica. Puxémoslle O Soldadiño de Chumbo e quedaron marabillados… Aínda que entre os máis novos a favorita segue sendo Malacara e o misterio do bastón de roble. Nico e as súas ensoñacións co mundo das sombras é o personaxe de debuxos favorito destes pequechos que rin todo o tempo ó subir a esta cabuxa tola.


E como non, o terceiro capítulo da serie de animación que estamos a facer, ten moito moito gancho! Pelegrín e Can seguen a facer das súas. Nesta ocasión, os nenos de Sarria guionizaron un sketch de humor no que os nosos protas fan autostop no medio deste Camiño de aventuras..

Por certo! Non vos perdades a REPORTAXE FOTOGRÁFICA desta RUTA XACOBEA en CAIXA DE MISTOS, entrade na nosa PÁXINA DE FACEBOOK: http://www.facebook.com/photos.php?id=342509290483

VÉMONOS MAÑÁN EN PALAS DE REI, na Praza do Concello, pola mañán e pola tarde! Aí estaremos poñendo moitas peliculiñas e facendo a cuarta parte desta obra conxunta que pinta espectacular.


viernes, 11 de junio de 2010

RUTA XACOBEA - Segunda parada: PORTOMARÍN.

Facer o Camiño de Santiago nunha Caixiña de Mistos ten o seu aquel. A segunda parada deste roteiro xacobeo foi hoxe o CEIP Virxe da Luz, PORTOMARÍN. Desta caravana peliculeira gozaron máis de sesenta nenos entre catro e doce anos. Vaia mañá máis animada! Nin a choiva tola puido parar as peliculiñas desta cabuxa máxica.


E mentres no pavillón do cole tódolos cursos ían pasando pola Caixiña de Mistos, os rapaces de 3º e 4º facían a súa peliculiña stop-motion baixo as directrices de Veru Rodríquez e Alba Mato, os profes que supervisaron durante catro horas o traballo creativo e espontáneo destes cativos.



Como resultado deste obradoiro-express, esta ruta xacobea conta xa co segundo capítulo do filme de animación que estará rematado ó fin da viaxe, construído polas distintas pezas de animación elaboradas por todos os nenos que atopamos neste camiño en caravana. O protagonista foi deseñado onte polos nenos do CEIP de Samos. Trátase dun pelegrín aventureiro que comeza o camiño acompañado do seu can. Neste segundo capítulo o pelegrín chega a Portomarín. Cheíño de fame, ó ver o encoro, tenta pescar algún peixe co pau do camiñante. Cando por fin o consegue, Can fainos desaparecer moi rápido! Que lles deparará ós nosos protagonistas mañán en Sarria? Non volo perdades!

Próxima parada: SÁBADO 12 de XUÑO, na CASA DA CULTURA DE SARRIA.
E o DOMINGO 13, na PRAZA DO CONCELLO de PALAS DE REI.

Camiñantes, non hai camiño sen Caixa de Mistos. ATOPÁMOSVOS NOS CAMIÑO!

miércoles, 9 de junio de 2010

Comeza a RUTA XACOBEA! Primeira parada: SAMOS.


Hoxe deu comezo O CAMIÑO. Si, o que oídes... A CAIXIÑA DOS MISTOS volve estar en ruta. E non nunha ruta calquera, senón... NA RUTA XACOBEA! Primeira parada: SAMOS. Que mellor punto de partida para estrear este roteiro 2010, cheo de aventuras xa dende o KM 0.

CAIXIÑA DOS MISTOS + PELICULIÑA STOP MOTION = DIVERSIÓN ASEGURADA

Os nenos do CEIP de Samos foron os primeiros en subir á nosa caravana de cine tan particular. Algúns deles nunca foran ó cine antes, e hoxe non só visitaron o cine máis pequeno do mundo, senón que foron directores da primeira parte dunha mini-pelculiña de animación que iremos construíndo, pouco a pouco, con todos os nenos que topemos neste pequeno camiño, que non é pequeno en tamaño... pero que non tería lugar sen a compaña dos máis pequenos camiñantes. Que pequenos e que grandes... as ganas que tiñan hoxe os rapaces de Samos de VER E FACER CINE. A pesar da choiva, que se fixo notar -e moito-, a xornada de hoxe foi unha xornada de película. Gracias a todos os cativos que hoxe arrancaron, co EQUIPO DE MISTOS, este roteiro tan ANIMADO.


Atentos a esta foto que resume o espírito desta ruta que hoxe estreamos!

















Moito cine... en calquera lado! Porque Haxa vacas, monte ou camiños de cabras... Mr Misto chega ó lugar, Ó TEU LUGAR.

Esta ruta promete, rapaces! E isto é só o comezo. Este venres día 11 de xuño continuaremos a nosa viaxe e faremos a segunda parada. Destino: o CEIP de PORTOMARÍN. E se andades facendo o camiño, visitádenos tamén o sábado 12 en SARRIA, na casa da cultura.

Non só veredes nesta caravana de cores as mellores pelis curtas de todo o mundo. Ademais, participaredes na gravación dun filme de animación moi orixinal cuxa rodaxe comeza e remata con esta viaxe! Hoxe os rapaces de Samos deseñaron ó personaxe protagonista, un pelegrín aventureiro de máis...




VÉMONOS NA RUTA XACOBEA, MISTIÑOS!

lunes, 26 de abril de 2010

A Caixiña dos Mistos en Castrelo do Val


















A nosa última parada foi nunha pequena vila de Verín, Ourense. O pasado venres 23 de abril foi o Día do Libro, pero os nenos de Castrelo do Val en vez de ler contos... sumerxíronse neles no noso cine, viaxando entre peliculiñas! Pasaron horas de diversión na nosa Cabuxiña!! :D

Mañán e tarde, peliculiñas máis curtas, máis longas, pero novas e apaixonantes, que marcaron nese día un recordo moi especial na mente dos nosos pequenos. Dende as 11.00 da mañá ata as 19.00 da tarde a diversión estivo servida neste colexio de primaria de Castrelo do Val, que de seguro non olvidarán este cinema tan particular que pasou polo seu cole.